CEN ANOS DA PRESENZA DE FRANCISCO LARGO CABALLERO EN VIVEIRO (1921-2021)

POR CARLOS FRANCISCO NUEVO CAL, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO (LUGO).

Francisco Largo Caballero, a finais dos anos vinte

INTROITO

O pasado día 5 de xuño cumpríronse os cen anos do mitin que impartiu na Praza Maior da nosa cidade o Secretario xeral da UGT e destacado propagandista socialista Francisco Largo Caballero. A intervención do ex-deputado por Barcelona converteuse nun importante acontecemento político e social que causou un grande impacto entre as masas obreiras e verdadeira curiosidade na maioría da poboación viveiresa. Como consecuencia das recomendacións  e directrices dadas polo líder obreiro reconstituíse ao ano seguinte a Agrupación Socialista local. Mais, vexamos tamén, aínda que sexa dun xeito moi rápido, como foi o desenvolvemento previo das sociedades de resistencia obreiras da nosa localidade durante os dous primeiros decenios do pasado século XX.

AS PRIMEIRAS SOCIEDADES DE RESISTENCIA OBREIRAS DA LOCALIDADE (1899-1921)

En 1899, coa posta en marcha e explotación das minas de ferro da Silvarosa pola empresa de capital alemán The Vivero Ore Cía. Ltda., producíronse en Viveiro as primeiras folgas obreiras na demanda de mellores condicións salariais e laborais. Igualmente, en outubro de 1902 constituíse a sociedade de carpinteiros La Prosperidad, e seguindo o exemplo desta nacería o Sindicato de las  Minas del Valle de Vivero (1903). Así mesmo, fundaríanse outras entidades corporativas de carácter gremial de curta duración, así como a oficialista Junta de Reformas Sociales da localidade.

Axiña, o 13 de setembro de 1903, fundouse a primeira Agrupación Socialista de Viveiro, constituída en Guistilán (Galdo), debido á súa proximidade aos traballos iniciais das minas. Compre indicar que nestas datas na provincia de Lugo tan só existía a Agrupación Socialista de Monforte, constituída no ano 1902, así como a da capital luguesa fundada case a par da viveiresa.  O presidente da Agrupación era o obreiro Antonio Fernández Castedo e, sabemos que en 1904 contaba con 14 membros ou afiliados. Aínda que a nacente sociedade socialista xogou un rol importante na organización de distintas folgas , mitins e actos sociais, axiña se convertería no albo dos ataques da patronal, do director do semanario El Eco de Vivero, o tradicionalista Jesús Noya e dalgúns membros da Igrexa máis reaccionaria, como o párroco de Magazos Daniel Iglesias Gradaille, “Carracuco”.

Logo dunha importante campaña propagandística a Agrupación Socialista viveiresa rematou por desaparecer debido a acción das forzas represivas e á forte presión laboral que exerceron sobre os afiliados os sectores máis intransixentes da patronal. Malia a todas estas eivas, os socialistas viveireses, xunto con Antón Vilar Ponte, aínda editarían o 15 de setembro de 1906, o quincenal anticlerical Germinal, que tiña por lema “Ni Dios ni amo”. Coa desaparición do quincenario e a partida á emigración americana da maioría dos seus redactores o movemento obreiro viveirés ficaría totalmente desartellado, “refuxiándose” algúns dos seus membros na mutualista Sociedad de Obreros, fundada en 1888.

En 1907 constituíse a Agrupación Socialista de Ribadeo que, xunto coa da capital da provincia e os seus respectivos Centros obreiros,  serán os únicos representantes do socialismo en Lugo até 1918.

Dende 1908 a 1917 o desorganizado movemento obreiro viveirés ficou totalmente instrumentalizado por parte dos dous grandes partidos da Restauración, liberais e conservadores, que utilizaron aos obreiros en función dos seus intereses electorais, como aconteceu en 1911 cos lutuosos sucesos acaecidos nunha proclamación de candidatos.

A partir da revolución soviética, a crise das subsistencias, a fracasada folga xeral revolucionaria de 1917 e os anos finais da gran Guerra europea, comezou unha época de gran efervescencia social, agudizada polo empeoramento progresivo das condicións de vida dos traballadores. Neste contexto revolucionario, constitúese na nosa vila o 26 de decembro de 1918 a Sociedade de Obreros del Ramo de Construcción, entidade obreira adscrita á UGT  que editaría o órgano de prensa El Defensor Obrero (1919) e organizaría distintas folgas e protestas para conseguir a xornada de oito horas e a melloría das condicións laborais.

FESTA DO TRABALLO

En 1920 empezou a celebrarse en Viveiro a Festa do Traballo e no mes de xaneiro de 1921 produciuse a reconstitución do antigo sindicato de mineiros. Coincidindo coa celebración do 1º de Maio dese ano, os dous sindicatos obreiros botaron á rúa un panfleto titulado “El proletario vivariense rompe las cadenas”; nel anunciábase a próxima chegada a Viveiro do secretario xeral da UGT Largo Caballero, ao tempo que se reafirmaban na unión proletaria e a ruptura cos partidos burgueses.

Grazas as xestións realizadas persoalmente en Madrid polo xove estudante de dereito e militante socialista viveirés Alfonso Quintana Pena, ante Francisco Largo Caballero, este comprometeuse a realizar unha visita á nosa localidade, aproveitando unha xira propagandística que ía realizar por vez primeira a Galiza e Asturias.

LARGO CABALLERO EN VIVEIRO (1921)

O sábado 4 de xuño de 1921 arribou a Viveiro o líder obreiro procedente de Lugo, a onde o foran buscar os viveireses Alfonso Quintana e Jesús Ferreiro Lois, secretario do “Ramo de Construcción”. Ao chegar a nosa cidade, dirixíronse á Casa do Pobo da Rúa de Quiroga, sendo presentado aos directivos e obreiros que ateigaban o local.

Ao día seguinte, grazas a bonanza do tempo puido celebrarse o mitin na Praza Maior, acudindo un numeroso xentío de toda a bisbarra. O destacado orador foi presentado por A. Quintana, en nome das sociedades obreiras da vila. Debido ao seu interese, consideramos oportuno reproducir textualmente algunha das pasaxes máis destacadas da crónica que publicou o semanario El Heraldo de Vivero ( 12-6-1921). Aínda que a referencia ao mitin que sae no semanario de Viveiro aparece sen asinar, seguramente que a escribiu Esteban Fernández Temprano que era o xerente dos talleres do Heraldo.

ESCOITADO CON RESPECTUOSO SILENCIO

No seu discurso, Largo Caballero falou sobre a loita de clases, ás diferenzas tácticas entre os dous sindicatos maioritarios da época (UGT/CNT), á condena dos atentados persoais e á violencia revolucionaria, importancia da liberdade e dos dereitos humanos, relacións entre obreiros e patróns, igualdade entre homes e mulleres,  o rol da educación e dos centros obreiros fronte a incultura, o pacifismo e a emancipación social:

“El discurso del propagandistas de la Unión General era esperado con ansiedad, y sus palabras fueron escuchadas con respetuoso silencio.

Dijo que no esperasen de él períodos floridos, pues no era un intelectual sino un obrero que había tenido que dejar la escuela a los siete años para entrar en el taller a ganarse el sustento, pero que en sus palabras encontrarían la verdad, pues su larga experiencia de luchador de un ideal de redención social, le guiaba a expresarse con claridad y sin reticencias.

Hizo una aclaración de lo que significa la lucha de clases, la cual no hay que confundir con el odio de clases, pues éste se engendra en la acción individual, por la represión desordenada de los que ejercen la autoridad que no saben emplearla sino en beneficio exclusivo de una clase para sojuzgar a los demás. Declaró que el odio de clase y el atentado personal no son admisibles dentro de los ideales que él propaga, por cuanto el partido socialista y la Unión General de Trabajadores repudían y condenan tal táctica y procedimiento.

Señaló la intervención del ejército y de la magistratura en las huelgas; hizo un acertado parangón del duelo, y afirmó que de la lucha de clases no se veía alejado el mismo clero, en el que la acción de los altos mandatarios de la iglesia condenaba a la miseria a los proletarios de la sotana.

Explicó lo que significaba la libertad y la contradicción que existía entre los derechos del hombre, proclamados por la revolución francesa, y la práctica de las cosas en las relaciones entre obrero productor y el poseedor de los útiles de la producción, dentro de cuyo orden siempre tenía que vivir supeditado el primero al segundo, quedando sin eficacia la libertad de pensar y todos los derechos ciudadanos.

También aclaró lo que el Socialismo tiene por igualdad, es decir, que no se aspira a que las mujeres tengan barba como los hombres, sinó que la igualdad representa el derecho a la cultura y a la instrucción por igual.

(…) Aconsejó a los obreros atinadamente, diciéndoles cual era la táctica que debían seguir para poder arribar a su mejoramiento y a su emancipación como clase: robusteciendo la organización obrera y culturándose para saber medir con ventaja sus razones con el patrono, y así éste no podrá decir al obrero que si desea más jornal y menos horas de trabajo es para acrecentar el vicio de la taberna, sino que lo que pide es para capacitarse y constituir una legión de hombres vigorosos dignos de ser poseedores de su trabajo. La emancipación de los obreros –dijo-  más que producto de la revolución ha de ser obra evolutiva, y que debía llegarse al nuevo régimen procurando evitar toda efusión de sangre. Citó a mayor demostración lo que ocurre en Rusia, que puede ser causa del fracaso del régimen de los soviets.

Dirigiéndose a las mujeres, las instó para que alentasen a sus maridos, hijos y hermanos, cuando éstos trataran de recabar mejoras, pero que los obreros también tenían el deber de corresponder a esa abnegación llevando al hogar los aumentos de salario, para que sirviesen para las atenciones de la familia.

También aconsejó que las huelgas no deben ser dispuestas por capricho ó sin reflexión, pues pueden servir de motivo de desorganización, en provecho de la clase patronal, que así podrá seguir disponiendo sin cortapisas de la voluntad de los trabajadores.

Logo de falar durante case dúas horas, “sin cansancio por parte del público”, pechou o acto o presentador Quintana Pena para agradecer aos asistentes a súa atención afirmando que: “los socialistas se valían de la tribuna para pregonar su ideal honradamente, sin estridencias, y sin apelar al insulto y a las injurias”.

Un día despois do acto, 6 de xuño, Largo Caballero e Quintana trasladáronse a Ribadeo, para intervir noutro mitin, regresando a Viveiro ao día seguinte; como despedida o líder socialista foi agasallado cun xantar e xira polo río Landrove.

Finalmente, xa mércores, sairía para Ferrol proseguindo así a súa viaxe de propaganda. Logo visitaría Lugo, onde falou no Teatro Circo, Vigo, Moaña, Marín, O Carballiño e Monforte para dar remate a súa xira por Galicia e regresar a Madrid.

Mentres, na cidade do Landro, a finais de novembro de 1922 comezaría a publicarse o quincenal El Proletario e, sobre todo, constitúese a Agrupación Socialista de Viveiro no mes de decembro. Mais iso xa é outra historia…

(Artigo publicado en “Heraldo de Vivero”, 18 Xuño de 2021)

FUENTE: https://viveirocronista.blogspot.com/2021/06/a-praza-nos-anos-vinte-do-pasado-seculo.html

Sin Comentarios.

Responder

Mensaje