«A ERMIDA DE SAN ROQUE ESTÁ SITUADA CARA ORIENTE, DE ONDE VEU A PESTE NEGRA»
Ago 17 2025

ENTREVISTA A CARLOS NUEVO CAL, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO (LUGO).

Capilla de San Roque, Viveiro

O cronista oficial de Viveiro presentou o libro San Roque, a peste, o cólera e outras enfermidades, onde explora as orixes das festas patronais da cidade do Landro, vinculadas á función protectora do santo fronte ás epidemias.

Presentou en Viveiro San Roque, a peste, o cólera e outras enfermidades, como o acolleu o público?
Moi ben, sobre todo polo gran interese que esperta a temática, que fala dun aspecto moi noso. Como calquera libro que saco, é un esforzo grande en canto a traballo. Os historiadores dedicámonos a investigar e as publicacións son froito de moitos anos indo a arquivos, non só de Viveiro; podería dicir que o 90 por cento do libro é totalmente novidoso.

Que papel xogaron as epidemias na consolidación de San Roque como copatrón da vila?
A primeira vaga da peste bubónica en Viveiro foi en 1569, as seguintes en 1576 e 1598. As dúas primeiras viñeron da vila de Betanzos por vía terrestre e a terceira, por vía marítima desde Santander. Unha vez que Viveiro se puxo baixo a fe de San Roque como santo protector, empezáronse as celebracións, ingresando o Concello na confraría de San Roque no antigo convento de Santo Domingo, hoxe desaparecido. Podemos dicir que hai unha liña moi clara: con todas as enfermidades posteriores —febre amarela, cólera, tifo, difteria ata a penúltima, a gripe española en 1918—, púxose a vila baixo o manto protector de San Roque, con rogativas, misas e novenas. A gran diferenza foi a Covid; non houbo ningún tipo de rogativa. Iso indica que os tempos cambian e as mentalidades tamén.

 

Calendario

febrero 2026
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
232425262728  

Archivos

UN PORTAL QUE CONTINÚA ABIERTO A TODO EL MUNDO